Margot fíxase nos cadros da película, fotogramas chámanlles agora pero antes dicíanlles cadros, e vánselle os ollos para Marlon Brando. Obsérvao detidamente. Hai moita xente na cola para coller as entradas do cine. Non é unha película calquera. É nada menos que O último tango en París, da que tanto se tiña falado e que, incluso, algunha xente fora ao estranxeiro para podela ver.