Comezos

Comezos

By Radio AteneoArtsBooks
Download on the App Store

Comezos episodes

  • Non señor, non lle foi eisí...
    –Non señor, non lle foi eisí como está nise papel que leron, que os papeis teñen conta do que lle poñen enriba, anque non foi moito o que entendín. Eiquí, o siñor, bulía moito a ler, e a máis diso non estamos moi afeitos a ouvir ler en castelán, que eiquí non o falamos; e cando un que non sexa señorito se bota a falalo, decímoslle que fala castrapo…
    7 min
  • Escuro...
    Escuro: 1. Que está privado de luz ou claridade, de xeito que non se ve ou se ve mal...
    3 min
  • A fuxida de Antonio
    A fuxida de Antonio, Antón, sábela. Víchela mesmo publicada. Terás que procurar algunha documentación máis detallada...
    4 min
  • Queimar era un pracer...
    Queimar era un pracer.
    Proporcionaba un gozo especial ver os obxectos devorados polo lume, ennegrecidos e transformados. O sangue batíalle na cabeza cada vez que agarraba a boca da mangueira e a pitón enorme cuspía queroseno velenoso sobre o mundo. Entón as súas mans convertíanse nas mans dun director de orquestra incrible e con elas dirixía sinfonías de lume e resplandor ata derrubar os rescaldos da historia.
    3 min
  • Agora vou contar a historia do meu irmán...
    Agora vou contar a historia do meu irmán. Si, quero falar do meu irmán, Jonathan Corazón de León. É case como unha lenda, e mesmo ten algo de historias de pantasmas, pero é a pura realidade. En serio. Aínda que se cadra só Jonathan e mais eu podemos contalo.
    3 min
  • Margot fíxase nos cadros da película...
    Margot fíxase nos cadros da película, fotogramas chámanlles agora pero antes dicíanlles cadros, e vánselle os ollos para Marlon Brando. Obsérvao detidamente. Hai moita xente na cola para coller as entradas do cine. Non é unha película calquera. É nada menos que O último tango en París, da que tanto se tiña falado e que, incluso, algunha xente fora ao estranxeiro para podela ver.
    3 min
  • O venres en que ía ser violada amenceu bochornoso...
    O venres en que ía ser violada amenceu bochornoso, a cidade pugnando por tirar os cumes dos edificios por fóra dos farrapos da néboa. Desde a fiestra do seu cuarto Sofía contemplou as casa que os separaban da beiramar envolveitas na brétema que sobre da auga co inicio da primavera, mais que ás veces apura e se adianta ao entroido, atoando a circulación dos cocehs e das palabras. Febreiro estaba comezando.
    3 min

About Comezos

From the publisher's feed

Este é un programa que pode resultar concurso... Ou non. Iremos presentando comezos de libros para que a audiencia poida adiviñar de que obra se trata e así saber ata onde é coñecedor da obra…