A Xunta vén de dar luz verde ao proxecto de instalación de dúas bateas depuradoras para marisco procedente de zonas C, non apto para a comercialización directa, en áreas de Rede Natura, en concreto na ría de Ferrol e na Enseada de Aldán (Cangas). ADEGA critica que a Xunta mudase a localización das bateas cara áreas protexidas, sen un estudo do impacto ambiental e debido ao rexeitamento de Pescanova á ubicación das instalacións en Morás (Xove), fronte a súa piscifactoría.