Aquí faltan páxinas

Maruja Mallo, metade anxo, metade marisco


Listen Later

A xenial Maruja Mallo foi unha transgresora no vivir, no falar e no pintar. Formou parte das Sen Sombreiro e conseguiu converterse nunha das figuras máis representativas da xeración do 27 e nun dos grandes expoñentes internacionais do surrealismo figurativo. Dalí definiuna como “metade anxo, metade marisco”. Lorca asegurou que os seus cadros son os que vira pintados “con máis imaxinación, emoción e sensualidade”. E María Zambrano dixo dela que cometeu un dos erros máis destrutivos e imperdoables: ser libre. Nesta sesión, a xestora cultural Loli Docampo, gran coñecedora da súa traxectoria en Galicia, comparte con nós datos do seu percorrido vital e artístico, poñendo especial énfase na súa relación coa vila de Bueu, onde a pintora se inspirou para realizar o que hoxe coñecemos como Caderno de Galicia ou Caderno de Beluso, que marcaría fortemente as obras da súa etapa americana.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Aquí faltan páxinasBy Deputación de Pontevedra