No episodio 217 do COMO QUE NON?! recibimos a Rafa Durán despois de tres temporadas sen pasar polo programa. Imos aproveitar as súas dotes como animador de público e convencións para propoñerlle a sección Moito Ánimo, Rafa. Imos xogar con Pepe Capelán, co que conectaremos por vía telefónica para ver se adiviña quen é o noso convidado de hoxe. Alejandro Martínez"Pini" non defrauda e continua coas súas Efemérides Aleatorias. Dani Lorenzo, Carla Mañas e J. Pablo Sangiao darán o mellor que teñen durante o percorrido do programa e a música en directo ven da man de Valentín Dacova que nos presenta o seu máis recente sinxelo: "El juicio de los grajos". Dirixe e presenta Carlos Tresandí