No Episodio 19 do COMO QUE NON?! volve Belén Vara ao programa para tentar facerse co primeiro posto do noso Concurso 5G e chegar á Gran Final do último programa da tempada. Ademais, abriremos o Museo Mutante con Fran Rodríguez achegándonos unhas cantas xoias da súa colección persoal dunha serie de animación de Matt Groening... Deixamos que adivIñedes o futuro e descubrades de que serie se trata. Por outra banda, Alejandro Martínez "Pini" analizará outra Efeméride Aleatoria. Pepe Capelán, Dani Lorenzo e Fernando RqR estarán prestos para botar un cable en canta sexa necesario. E hoxe volve ao programa Tincho Fernán, acompañado por Andrés Cunha á guitarra e Nuria González aos coros, interpretando EN RIGOROSO DIRECTO o tema: "Llegaste así".