
Sign up to save your podcasts
Or


A finais da década de 1970 e comezos da de 1980, as Rías Baixas sufriron unha vaga de narcotráfico que afectou gravemente a mocidade galega. A heroína apareceu en moitas casas galegas como un pesadelo invisible e as nais eran sinaladas como culpables de terlles consentido demasiado aos seus fillos, que se convertían en delincuentes e roubábanlles incluso ás súas propias familias. A droga apoderouse deles, levounos e, a algúns, tamén os apagou. Non sabían que lles pasaba. A maioría delas atopou “bolsas que parecían chocolate” nos seus fogares sen teren nin idea do que era. Aprendérono xuntas.
By Deputación de PontevedraA finais da década de 1970 e comezos da de 1980, as Rías Baixas sufriron unha vaga de narcotráfico que afectou gravemente a mocidade galega. A heroína apareceu en moitas casas galegas como un pesadelo invisible e as nais eran sinaladas como culpables de terlles consentido demasiado aos seus fillos, que se convertían en delincuentes e roubábanlles incluso ás súas propias familias. A droga apoderouse deles, levounos e, a algúns, tamén os apagou. Non sabían que lles pasaba. A maioría delas atopou “bolsas que parecían chocolate” nos seus fogares sen teren nin idea do que era. Aprendérono xuntas.