No programa 233 do COMO QUE NON?! volve estar connosco Agustín Alejos, xogador da Selección Española de Baloncesto en Cadeira de Rodas e do Iberconsa Amfiv. Volven as Efemérides Aleatorias de Alejandro Martínez "Pini". Dani Lorenzo trae unha nova edición do seu Mundo Paquitof dedicado ao xornal Noticias del Mundo. J. Pablo Sangiao analiza aos Colonizadores de Praia na súa sección O criticador e a música en directo volve estar nas voces e instrumentos do grupo Naitinain que nos interpretan en rigoroso directo "Paseo Nocturno". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.