Onda Ciencia

O Discurso De Odio Nos Medios


Listen Later

No terceiro episodio de Onda Ciencia abordamos o "discurso de odio", un concepto sobre o existe xa lexislación específica, pero cuxa regulación atinxe tamén a dereitos como a liberdade de opinión e expresión, a non discriminación e a igualdade. Para por un pouco de luz sobre o crecente fenómeno do discurso de odio nos medios de comunicación falamos con tres expertas, profesoras da Universidade da Coruña: 


  • Ana Aba Catoira. Profesora Titular no dpto. de Dereito público na facultade de dereito da UDC. Membro do Grupo de investigación: Democracia y derechos en el entorno digital
  • Ana María González Neira. Profesora Titular do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC, e membro do Grupo de investigación Ciudadanía Digital
  • Montserrat Golías Pérez. Profesora Contratada Doutora do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC. Membro do ESOMI  Equipo de Investigación Sociedades en Movemento


As nosas expertas axúdannos a clarificar a diferencia entre “discurso de odio” e “delito de odio”, e cales son as manifestacións mais frecuentes deste discurso nos medios e nas redes sociais. Afondamos nas claves que explican que os discursos discriminatorios calen na poboación e debatemos acerca dos posibles riscos derivados da proliferación deste discurso, dende una perspectiva xurídica, sociolóxica e comunicativa, e cales son las posibles ferramentas e solucións para por freo a esta problemática. 


Lembra que podes escoitar ONDA CIENCIA na sintonía de CUAC FM, no 103.4 da FM coruñesa, e dende calquera parte do mundo descargando os podcasts a través da web https://cuacfm.org e das aplicacións móbiles para Android e Apple

Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Onda CienciaBy Cuac Fm, UDC