Hoxe vamos á busca dos últimos falantes de galego do lado zamorano, na CC AA de Castela e León. Na zona das Portelas de Seabra, colindando coas comarcas orientais de Ourense e con Vinhais e Bragança polo sur, aínda hai resistencia e vontade de vivir en galego, a pesar da complexidade do mundo dixital actual, da despoboación e do abandono exercido polas administracións. Temos a sorte de falar co eterno alcalde de Lubián, Felipe Lubián, convencido falante e membro da RAG. A súa experiencia remonta a décadas de combate pola supervivencia da lingua neste cantiño "estremeiro". Tamén nos acompaña na conversa Estrella Alonso, mestra no centro de adultos de Seabra/Sanabria, natural das Hedradas e galegofalante. Logo, xa en San Ciprian/San Cibrao de Hermisende conversamos con Xavier Lopez, xornalista xubilado, documentalista e escritor de novelas de ficción en galego. Cos 3 abordamos o pasado, o presente e o futuro da lingua, e tamén os rasgos dialectais, o traballo diario, os desafios... e desfrutamos dunhas cantas anécdotas. No final, unha Jota de Lubián. Que viva o galego zamorano!