GALIPORTUS

O galego de Asturias (II) O dicionario, co Carlos Aenlle- GLP- T2 X 09- O MARCO (IX)


Listen Later

Hoxe falamos novamente do Galego do occidente asturiano, ese que se fala entre os rios Eo e Navia. Recibimos nos estudios ao Carlos Aenlle, xeógrafo e etnólogo que viviu boa parte da sua vida en Castropol (Asturias) Moi vinculado desde novo con esa área galegófona, botou 10 anos a recoller termos que acabaron por formar parte do primeiro "Dicionario do Galego de Asturias", obra magnífica de case 800 páxinas, e realizada en colaboración coa Univ. de Vigo. Xustamente por esta grande obra, vén de serlle entregado pola asociación "Axuntar" o Premio "Folgueira" de 2024. naquela vila antedita. Descubrimos os detalles dese seu traballo e discutimos cuestións deste e doutros dicionarios do galego/portugués... Unha hora de conversa de vagar, culminada cunha música de Caamaño&Ameixeiras e Rodrigo Cuevas (4 cousas) Viva o Galego de Asturias! Agora, oral... e escrito.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez