GALIPORTUS

O Gran Camiño, ciclismo profesional na Eurorrexión- Galiportus (Actualidade) T2 X 22


Listen Later

Hoxe toca falar de deporte, de ciclismo. E facémolo logo da celebración da IV edición do "Gran Camiño", a volta ciclista galega (e portuguesa este ano) que pretende dar a coñecer os Camiños de Santiago. Conversamos co organizador, o ex-ciclista de Teo Ezequiel Mosquera (subcampión da Volta a España en 2010) ; o director do Tavfer-Mortágua, o vilagarcián Gustavo César Veloso (gañador de até 11 etapas na Volta a Portugal, a desenvolver a súa carreira desde hai anos a sur do Minho); e o ciclista profesional de Barcelos João Matias, que participou na proba deste ano e que nos atendeu dende Turquía, onde estaba a preparar unha proba de pista coa "seleção". Tamén intervén no programa o vereador (concelleiro) de Deportes da Câmara de Matosinhos, Nuno Santos, aproveitando que o Gran Camiño "paralizou" a área metropolitana do Porto este ano. Vaia alianza entre Galiza e Portugal, no ciclismo!!
A música do final, como non, de Queen: "Bycicle Race". A dar pedal!!
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

GALIPORTUSBy german estevez