Hoxe chega aos estudios da radio Carlos Callón, Filólogo galaico-portugués, profesor da USC, ex-presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (2002-2014) e escritor de varias obras sobre sociolingüística e xénero. Falamos dunha das recentes, O Libro Negro da Lingua Galega (2022), totalmente de actualidade, logo dos datos do IGE que avisan da tremenda perda de falantes de galego. Acompañados de Hector Casas, activista e colaborador, temos a sorte de lanzarlle moitas cuestións arredor desta obra, que non deixa de ser un manual de consulta sobre 500 anos de abusos, castigos e represión sobre a lingua e os galegofalantes. Porque a idea? Como a súa evolución e crítica? Que casos son os mais chamativos? Como foi transformándose a problemática a través destes séculos? Que mitos se desminten grazas a el? Evidentemente, e aínda que a cronoloxía do libro acaba en 1986 (haberá 2ª parte?), como ve a situación actual da lingua Callón? A respecto de Portugal (o autor vén de pasar varias temporadas en Lisboa) unha reflexión boísima: "a diferenza é que eles non teñen que escribir un libro negro da lingua portuguesa". As músicas, a cargo de Luz Casal (Negra Sombra) e de Verto (Oye Gaiego)
Vaia visita!