Hoxe é luns de Entroido e ímolo celebrar traendo a unha das personaxes máis ancestrais do entroido galego. Dos montes de Salcedo, baixa o oso nun ritual de orixe agraria, símbolo do fin da hibernación e do comezo da primavera.
Na Pobra de Brollón no corazón dos montes lucences segue viva unha tradición cuxa orixe perdouse no máis remoto dos tempos.