O Peculiar de Érica Esmorís está ilustrado por Dani Padrón e publicado por Cuarto de
inverno. De onde lle vén o título? Pois do nome dun bar que rexenta a familia de
Comba, unha nena que observa todo o que a rodea cunha mirada moi especial e nolo vai
contando. Sigamos preguntándonos: por que lle puxeron ese nome ao bar? Para sabelo
terás que ler esta noveliña destinada a rapazada a partir de dez anos que non che vai
defraudar.