(3:27) Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.(11:20) Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades novidosas con aplicacións na transmisión de información e na interacción con proteínas.(41:45) Eferméride do 24 de abril do "Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez" (42:55) Previa á celebración do Festival CinVigo co director do CINBio Miguel Correa e a profesora do CPI Progreso de Catoira Marta Fernández.