Cando visualizamos a evolución biolóxica moitas veces se nos veñen á cabeza á idea de varias especies competindo nun hábitat. Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, de tal xeito que os que o conseguen transmiten a súa vantaxe os seus descendentes. Pero, poderiamos pensar que as células do noso corpo tamén participan nunha guerra evolutiva contra as células canceríxenas polo dominio dos nosos tecidos? Explorar esta poderosa idea é o obxectivo do proxecto "Filocáncer" financiado cunha "Consolidator grant" do European Research Counci (ERC). Así visitamos cos nosos micros o laboratorio "Filoxenómica" no CIMBIO da Universidade de Vigo dirixido polo catedrático de xenética David Posada. Conversamos de vagar co primeiro investigador galego que obtivo dous proxectos de investigación de vangarda do ERC: desde como un espazo condiciona o traballo das persoas ata que implica que animais grandes como os elefantes nos sufran de cancro. Estreamos sección coa primeira entrega de "Moléculas en galego" de Javier Balea en Efervesciencia. Empezamos coñecendo o dióxido de carbono. Francisco Díaz Fierros preséntanos as tres últimas publicacións da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega: "Textos científicos en galego. Os inicios, 196-1936", "Os comezos da química moderna en Galicia e a súa proxección no século XIX" e "Sobre a teoría da relatividade especial e xeral" de Einstein. As mimosas son unha invasora que en Galicia está chegando a hábitats ata o da agora inalterados. Eva Rodríguez de SINC conversa co investigador Jonatan Rodríguez do departamento de bioloxía vexetal da universidade de Vigo.