Neste programa monográfico, conectamos as homenaxeadas nas Letras Galegas deste 2025 con mulleres próximas a nós, e mais con propostas musicais actuais plenamente vivas.
Coa colaboración de Avelina Fontenla e Consuelo García, e músicas de Leilía ("Jota de Eva") e Fillas de Cassandra ("Tataravoa").
O traballo presentouse ao VII Concurso de Podcasts Radio na Biblio, proxecto da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.