
Sign up to save your podcasts
Or


Un conto de Armando Quintero narrado polos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil do CPI de San Vicente da Baña.
Neste programa monográfico, conectamos as homenaxeadas nas Letras Galegas deste 2025 con mulleres próximas a nós, e mais con propostas musicais actuais plenamente vivas.
Coa colaboración de Avelina Fontenla e Consuelo García, e músicas de Leilía ("Jota de Eva") e Fillas de Cassandra ("Tataravoa").
O traballo presentouse ao VII Concurso de Podcasts Radio na Biblio, proxecto da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
No día de hoxe, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro e a lingua galega, o alumnado da ESO que forma parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega recitou diferentes poemas da nosa autora, integrados no seu libro "Cantares Gallegos".
Un podcast de cores e música realizado polo alumnado de música de 2º de ESO.
Un podcast de música e cores realizado polo alumnado de música de 2º de ESO.
O alumnado de 1º de Primaria entrevista á escritora e contadora de contos Charo Pita.
O alumnado de 2º de primaria entrevista á escritora e ilustradora Laura Suárez, autora do fermoso álbum Monte Pindo e moitos libros máis.
Nesta ocasión o alumnado de 6º de Educación Primaria fálanos do 8 de marzo, da muller e da canción que prepararon para esta data. Tamén nos propoñen un reto;)
Neste interesante podcast, alumnado de 6º EP, da materia de Proxecto Competencial, falaranvos sobre as características de diferentes países do mundo. Neste primeiro episodio estarán en España.