Oíches?

Oíches? 002/Mulleres e podcasting, podcasting e mulleres


Listen Later

Neste segundo programa debatemos sobre o papel das mulleres no podcasting en galego. Os inicios, os "silencios", e as novas voces que entran con xiria. Mulleres opinando forte, crema de avelás caseira, "muteos" accidentais e moito máis con: Sara Martínez (As Womansplainers), Miriam Couceiro (A ollada violeta), Raquel Besteiro (A Lareira).

Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas), Uxío Broullón (areias:sonoras e C'mmons baby!) e o "bolseiro" Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira).

Fe de erros:

  • O primeiro podcast en galego feito por unha muller foi apenas 2 meses despois do primeiro, non 3 como se di no programa.
  • As entradas no noso directorio son as de xuño, non xullo.
  • #podgalego #podcasting #mulleres #opodcastédelas

    ...more
    View all episodesView all episodes
    Download on the App Store

    Oíches?By Podgalego