Sign up to save your podcasts
Or
Olimpia Valencia foi a primeira galega en licenciarse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, en 1925. A ela gustaríalle ser pneumóloga, pero estaba mal visto que unha muller tratase homes, así que tivo que especializarse en xinecoloxía. Cando estalou a guerra civil pasou catro días presa, acusada de pertencer ao Partido Galeguista e asinar en favor do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia. Librouse do cárcere, pero non do estigma. A pesar do rexeitamento social, non deixou de ter relación co grupo galeguista. Foi sempre unha muller audaz e intelixente que soubo facerse respectar nun mundo de homes. A xornalista Ana Fuente aborda no seu libro Olimpia Valencia. Oito décadas de historia desde os ollos dunha pioneira a traxectoria vital e profesional desta muller.