Neste programa coñecemos a experiencia de Abella Lupa, cooperativa recentemente premiada co 1º galardón da Fundación Biodiversidade por contribuír ao mantemento da biodiversidade. TAmén abordaremos cales son as principais causas da desaparición e declive da poboación de abellas en Galiza, necesarias para a vida.