Na II Feira de produtos naturais e artesáns da Eira da Xoana, as abellas tiveron un papel protagonista. Ademais dunha degustación dos meles das serras galegas, alí poidemos coñecer cales son os outros produtos que producen estes insectos tan necesarios para a vida. Hoxe e mañá falaremos das abellas en Radio Cerna.