Fai uns meses descubríronse unha serie de cousas moi importantes no Castro de Soutolobre-Lourido, tanto, que engaden á investigación histórica novos interrogantes. Por iso, desde Descifrando a Historia quixemos saber máis sobre o mesmo e a súa contorna, e para iso contactamos co director da escavación, o cal nos aportou máis luz e datos da importancia deste castro.