Neste sexto programa de Descifrando a Historia, falamos sobre a presenza dos suevos destacando o máis relevante da súas accións na península. O pacto cos romanos, os conflitos cos visigodos, etc. ata chegar a ser unha simple provincia visigoda no 585 ata o 711, aínda que sempre contou coas súas peculiaridades, recoñecidas dentro do reino visigodo.