Dámosvos a benvida ao primeiro episodio da nosa radio escolar!
Comezamos esta viaxe sonora falando do equipo que recibimos o curso pasado grazas ao programa #PolosCreativos da Consellería de Educación. Contamos como fixemos as primeiras probas, as normas que consensuamos para que todo funcione ben e, sobre todo, os grandes temas que imos explorar ao longo deste curso.