Onda San Pío X

Onda San Pío X

By colexiosanpioxEducation
Download on the App Store

Onda San Pío X episodes

  • P21: A Pío League 2026 xa está en marcha!
    Carla, Ander e Juan presentan un dos proxectos máis emocionantes do final de curso: a PÍO LEAGUE, o gran torneo deportivo do Colexio San Pío X.
    Ao longo do podcast descubriredes como se desenvolverá esta competición e todas as novidades, na que participará o alumnado de primaria.
    A PÍO LEAGUE nace co obxectivo de fomentar a práctica deportiva, o traballo en equipo, o respecto e a participación de todo o alumnado nun ambiente festivo e cheo de emoción.
    4 min
  • P20: María Arias, mestra e futbolista
    Neste podcast coñeceremos un pouco mellor a María Arias, a nosa mestra de AL e tamén xogadora do equipo Estrela de Cortegada. Martina e Inés, alumnas de 3º de primaria prepararon unha entrevista moi especial para descubrir máis cousas sobre a súa vida, o seu traballo no colexio e a súa afección polo deporte. Falaremos dos seus gustos, das súas experiencias e de como compaxina ser mestra e deportista. Un podcast cheo de curiosidades, preguntas divertidas e moita ilusión.
    4 min
  • P19: Falamos dos maios
    Neste podcast, Xoel, Lucía, Izan, Iago, Carly e Candela, de 3º de primaria, achegáronnos á tradición dos Maios, festa que celebra o inicio da primavera e sobre a cal traballaron na aula facendo tamén as súas propias figuras.
    3 min
  • P18: ONDA DEPORTIVA: Tras os carteis... movemento!
    Durante semanas vistes carteis dentro do colexio sen saber moi ben a que facían referencia. A espera chegou ao seu fin. Uxía, Lois, Valery e Abel, de 2º de primaria, toman os micrófonos para revelar o segredo mellor gardado destes meses.
    Trátase dun reto. Esta iniciativa nace desde a área de educación física cun obxectivo claro: recuperar o xogo e combater o sedentarismo. Nunha época na que as pantallas gañan terreo queremos que os nosos peques volvan ser os donos do movemento. Dádelle ao play e escoitade con moita atención!
    4 min
  • P17: Iris e Carla, gañadoras do concurso da Nena e a Ciencia da Uvigo
    Neste episodio falamos con Iris e Carla, gañadoras do I Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este certame é unha iniciativa da Facultade de Ciencias e das Escolas de Aeronáutica e Enxeñaría Informática, co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
    O obxectivo do concurso é achegar o coñecemento sobre o papel das mulleres na ciencia e na enxeñaría, así como poñer en valor as súas achegas ao desenvolvemento humano ao longo da historia.
    Durante a conversa, Iris e Carla cóntannos como foi o proceso creativo das súas propostas, que as inspirou e que significa para elas participar nunha iniciativa que visibiliza o talento feminino no ámbito científico.
    Os galardóns entregáronse ao alumnado o venres 20 de febreiro pola tarde no campus de Ourense, no marco da celebración da feira eXXperimenta en Feminino.
    4 min
  • P16: FGA nas aulas!
    Neste podcast entrevistamos á Federación Galega de Automobilismo, xa que recibimos a súa visita no cole. Durante a xornada aprendemos sobre como se preparan pilotos e equipos, puidemos gozar dunha exhibición de vehículos e incluso subir neles! Un xeito divertido e próximo de sentir a emoción do motor!
    13 min
  • P15: O triángulo máxico do Entroido ourensán
    Neste episodio de Onda San Pío X falamos do Entroido ourensán desde unha perspectiva divertida e educativa. Contamos coa participación de Brais, Dylan e Adriana (5º de primaria) e Raúl, Andrés e Martín (6º de primaria), que se caracterizaron como Pantalla, Cigarrón e Peliqueiro para explicar as historias, tradicións e curiosidades destes personaxes emblemáticos.
    A través das súas intervencións descubrimos o triángulo máxico do Entroido, aprendendo sobre a súa importancia cultural e a riqueza desta festa tan querida en Galicia.
    5 min
  • P14: Descanso de pastores · festIAval de Nadal 2025 (5º de primaria)
    Actuación de 5º de primaria no festIAval de Nadal 2025 celebrado o 18 de decembro de 2025 no salón de actos do centro coas familias.
    Un grupo de pastores vai camiño do Portal e, entre bromas e “paradas” para descansar, reflexiona sobre que agasallo levarán ao Neno. A obra transforma as risas en mensaxe: o máis importante non é o material, senón os agasallos invisibles (axudar, compartir, perdoar, levar paz...). Remata lembrando que Belén empeza onde escolles querer un pouco máis.
    7 min
  • P12: Entrevista ás gañadoras do concurso Jóvenes y Mayores 2025
    Neste episodio entrevistamos a Uxía e Claudia, alumnas de 5º de primaria e gañadoras do 1º e 3º premio do concurso “Jóvenes y Mayores” organizado por La Región e a Fundación Dorzán. Ademais de explicarnos en que constitiu este certame tamén nos contan como viviron a entrega de premios e o ben que o pasaron nesta experiencia única que conecta xeracións.
    5 min

About Onda San Pío X

From the publisher's feed

Podcast oficial da radio escolar do Colexio San Pío X de Ourense.