Onda San Pío X

Onda San Pío X

By colexiosanpioxEducation
Download on the App Store

Onda San Pío X episodes

  • P11: Cros en Monterrei
    Olivia, Marco, Luana e Ander comparten a súa experiencia na carreira de cros de Monterrei, unha actividade xa clásica do colexio dentro do programa Xogade, na que participou o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria. No podcast falan do que sentiron antes de comezar, dos momentos máis especiais do percorrido e das emocións ao cruzar a meta, nun episodio que recolle á perfección o espírito de superación e convivencia deportiva.
    4 min
  • P10: 25N: somos voz, no violencia.
    Neste episodio especial, o alumnado de 5º de primaria pon voz á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Mentres soa a canción Ni una más de Aitana, cada estudante le unha mensaxe que invita á reflexión e ao compromiso.
    A través destas palabras breves pero cheas de forza, lembramos o que podemos facer no colexio e na casa para construír relacións baseadas no respecto: coidar a nosa linguaxe, rexeitar calquera forma de discriminación, apoiar a quen o precisa, compartir tarefas, escoitar con empatía e dicir sempre NON Á VIOLENCIA.
    4 min
  • P09: Participamos no V Concurso de Ciberseguridade no cole! (Non gañamos pero aprendemos moito)
    Neste episodio, Martín, Leo, Valery, Eimy e Raúl (6º de primaria) contan a súa experiencia participando no V Concurso de Ciberseguridade no Cole! organizado por Telefónica e Cibergal. Aínda que nesta ocasión non conseguimos pasar á fase final en Santiago, a experiencia foi fantástica e permitiu aprender moitísimas cousas sobre o mundo dixital e a seguridade en internet.
    Ao longo do podcast explican como se preparou toda a aula empregando materiais do INCIBE, escoitando charlas e contos do seu titor, moi útiles para comprender mellor conceptos clave.
    E para rematar, xogaron ao noso Ciberpalabra, un pasapalabra especial con termos relacionados con internet e a ciberseguridade.
    9 min
  • P08: REPORTAXE: San Martiño de Tours
    Neste episodio falamos do San Martiño, figura clave nas tradicións de Ourense e protagonista do festivo local. Sofía, Leire, Pablo e Thelma (5º de primaria) explican quen foi, a súa historia e a relación cos magostos, unha das festas máis queridas na nosa contorna. Un repaso sinxelo traballado coa súa mestra de ciencias sociais para comprender mellor as nosas tradicións!
    6 min
  • P07: Vaia Samaín!
    Neste episodio mergullámonos na máxica tradición do Samaín, unha festividade de orixe celta celebrada o 31 de outubro en Galicia e noutras rexións como Irlanda e Escocia. Grazas a Xoel, Martina, José e Lucía descubrimos a historia, as crenzas e as tradicións que rodean esta festa, desde as cabazas decoradas ata o popular "truco ou trato". Falamos tamén de como o celebramos no cole, recibindo a visita dun mago, facendo talleres e xogando a xincanas.
    4 min
  • P05: ROMPER EL SILENCIO. ¡No al bullying!
    Neste episodio especial de Onda San Pío X, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria únese para alzar a voz contra unha realidade que nunca debería pasar desapercibida: o acoso escolar.
    A través de mensaxes curtas, os estudantes convídannos a romper o silencio, a fomentar a empatía e a construír xuntos un espazo escolar máis seguro, respectuoso e solidario.
    Este programa non só busca concienciar sobre a importancia de actuar fronte ao acoso, senón tamén render un emotivo homenaxe á memoria dunha rapaza española cuxa historia recente nos lembra de forma desgarradora a urxencia de comprometernos coa prevención e o acompañamento.
    ✨ Un episodio cheo de sensibilidade, compromiso e esperanza, creado desde o corazón.
    5 min
  • P04: Sabores que unen (Visitamos a Cooperativa Loureiro)
    Neste episodio falamos da nosa visita á Cooperativa Loureiro con motivo do Ano Internacional das Cooperativas 2025.
    Descubrimos como se elaboran queixos, iogures, kéfir e leite fresca, exploramos o seu laboratorio e fábrica, e comentamos a mestura de procesos mecanizados e de artesanía no seu envasado.
    Ademais, compartimos as nosas impresións tras a degustación dos seus produtos e reflexionamos sobre a importancia das cooperativas na nosa economía e comunidade.
    6 min
  • P03: Entrevista a Julia Aguiar: la fuerza de una vocación que sana.
    A primeira entrevista de Onda San Pío X... e agardamos que cheguen moitas máis! Nesta entrega contamos coa presenza de Julia Aguiar, misioneira e referente mundial no tratamento da úlcera de Buruli, recentemente galardoada co Premio Beata Paulina Jaricot 2025.
    Os alumnos de 3º e 4º de primaria, Inés, Javier, Juan e Carla, baixo a guía do noso párroco e mestre de relixión Luis Rodríguez, realizáronlle algunhas preguntas na que Julia compartiu a súa experiencia, os retos e os aprendizaxes que marcou a súa vocación solidaria e sanitaria.
    Unha conversa inspiradora sobre compromiso, empatía e o poder de axudar aos demais.
    13 min
  • P02: Pequenos versos, grandes voces
    Allison, Anxo, Amelie, Álex e Izan, alumnos de educación infantil, convídannos a mergullarnos no mundo da poesía a través das súas voces cheas de tenrura e emoción, recitando versos que inclúen unha peza de Gloria Fuertes. Un episodio para escoitar co corazón aberto e deixar que a poesía máis cativa nos envolva.
    3 min

About Onda San Pío X

From the publisher's feed

Podcast oficial da radio escolar do Colexio San Pío X de Ourense.