Neste episodio de Onda San Pío X falamos do Entroido ourensán desde unha perspectiva divertida e educativa. Contamos coa participación de Brais, Dylan e Adriana (5º de primaria) e Raúl, Andrés e Martín (6º de primaria), que se caracterizaron como Pantalla, Cigarrón e Peliqueiro para explicar as historias, tradicións e curiosidades destes personaxes emblemáticos.
A través das súas intervencións descubrimos o triángulo máxico do Entroido, aprendendo sobre a súa importancia cultural e a riqueza desta festa tan querida en Galicia.