Tócalle ás persoas usuarias facer balance de 30 anos de bibliotecas en Arteixo. Fidel Mouzo, axudante de biblioteca, fai unha entrevista a Belén García Iglesias, socia número 6.
Belén fai un resumo do que significou para ela a apertura da primeira biblioteca en Arteixo aló por febreiro de 1989 e o que tamén, opina, supuxo no noso pobo. Unha viaxe pola memoria de Belén e o impacto dunha biblioteca nas persoas.
Recorda que podes compartir, difundir, aplaudir, criticar... ; axúdanos moito para esta maneira de comunicarnos coas persoas usuarias das Bibliotecas Municipais de Arteixo.