
Sign up to save your podcasts
Or


Camiñamos á sombra da serra do Careón, e aprendemos sobre o valor ancestral deses seixos que vas ver insertados en moitos edificios galegos, xa desde a Prehistoria. Coñecemos ao escritor Xosé Vázquez Pintor e degustamos o doce típico de Melide, os melindres. Achegámonos ao compositor internacional Fernando Vázquez e fascinánomos coa lenda da ponte Furelos.
Desde o corazón da comarca da Ulloa, coñecemos unha das xoias do patrimonio medieval galego, o Castelo de Pambre, e descubrimos outro dos elementos característicos da paisaxe rural galega: os hórreos. Tamén é tempo para saber dunha curiosa publicación nacida en Palas de Rei, o Mintireiro Verdadeiro, que chegou a ser o libro máis editado en Galicia. E saberemos dos nubeiros.
Nesta etapa sorprendémonos coa historia de Portomarín e a marabillosa Ribeira Sacra que comeza. Achegámonos á curiosa figura do Dr. Saa, Manuel Rodríguez Saa, un mago e hipnotizador que triunfou en París a principios do século XX. Coñecemos os famosos augardentes da zona e achegámonos ata o impresionante castro de Portomaior, onde nos detemos na lenda das tres irmás. Antes de chegar a Palas de Rei, temos que admirar a marabillosa igrexa de Vilar de Donas.
Neste programa coñecemos os muíños e as infraestruturas da auga. No país dos mil ríos, a riqueza etnográfica ao redor do uso deste ben é enorme. Falamos dos produtos da comarca, desde as carnes de porco celta ata os deliciosos santos das sobremesas. Coñecemos a poeta Marica Campo e bailamos ao paso dun curioso pasodobre publicitario do século XIX.
De Triacastela a Sarria comeza a aparecer a planta máis emblemática de Galicia, o toxo. Detémonos nos valados de pedra, que nos informan do minifundio característico da paisaxe galega. Coñecemos ao matemático Vicente Vázquez Queipo e adentrámonos nun licor mítico, o Pax, da Abadía de Samos, unha das xoias deste camiño. Alí admiramos a fonte das Nereidas e rematamos escoitando unha fermosa peza do trobador medieval Martín de Padrozelos, interpretada por un grupo musical histórico de Galicia, A Quenlla.
Aquí comezan estas palabras andadeiras que pretenden ser pequenas xaneliñas a outras historias, lugares, xentes e paisaxe deste Camiño de Santiago que agora percorres. Desde o Cebreiro, a primeira aldea de Galicia, que conserva un patrimonio singular de pallozas , un santuario medieval, cervas brancas lendarias, un queixo único e un camiño inzado de lendas.
From the publisher's feed