No programa 232 do COMO QUE NON?! recibimos despois de tres temporadas ao medallista paralímpico Agustín Alejos, xogador da Selección Española de Baloncesto en Cadeira de Rodas e do Iberconsa Amfiv. Teremos novas Efemérides Aleatorias de Alejandro Martínez "Pini". Pepe Capelán vai falar connosco de novas propostas olímpicas. J. Pablo Sangiao e Dani Lorenzo continúan connosco quecendo, por se teñen que saír e Carla Mañas envíanos unha nova edición de Carla CalZeta desde a súa casa. A música en directo corre a cargo do grupo Naitinain interpretándonos en rigoroso directo "Agua". Dirixe e presenta Carlos Tresandí.