O escultor Antúnez Pousa faleceu onte en Tomiño aos 77 anos de idade. Deixa unha pegada indeleble na comarca con esculturas coma o Monumento ao Mariñeiro na Guarda, o do Cabaqueiro no Rosal, ou o da Auga na súa parroquia natal Estás, pero tamén en moitos outros puntos da nosa xeografía.
Repasamos a súa biografía nesta reportaxe de Sara Marón.