A xestora cultural, membro do plenario do Consello da Cultura Galega e ex directora da área na Deputación Provincial de Pontevedra, reclama as institucións unha escoita activa á cidadanía. Defende que a Cultura é un dereito fundamental, recollido na Constitución e que non sempre se está a garantir; os cidadáns poden e deben reclamar como público e como creadores, asegura.