A cantante Sabela é a convidada especial do programa. Traenos as súas cancións, fálanos dos seus proxectos e tamén dun aspecto da súa infancia que lle deixou unha profunda pegada. Sabela criouse cunha "familia adoptiva". Iso lévanos a pedirlle aos oíntes que nos conten se tamén eles teñen vivencias da infancia que os marcaran para sempre.