Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra... more
FAQs about Todos os podcast | Pensando en ti:How many episodes does Todos os podcast | Pensando en ti have?The podcast currently has 557 episodes available.
June 03, 2025Pensando en ti 03-06-202513 mil raspaces galegos fan este ano as probas de acceso á universidade. Falamos de exames, de como os nosos oíntes prepararon no seu día a selectividade, a EBAU ou a reválida. Queremos saber se sentiron moita presión, se foi un grolo amargo ou un trámite... E ademais buscamos anécdotas sobre a vida de estudante. Apréndese maís nas aulas ou na rúa?...more4h 56minPlay
June 02, 2025Pensando en ti 02-06-2025Os oíntes falan do seu primeiro traballo. Cóntannos a que idade comezaron a axudar no negocio familiar e cando percibiron o seu primeiro soldo. Escoitamos comentarios sobre os nervos do primeiro día, sobre a impresión que lles causou o xefe, sobre as meteduras de zoco propias do novato......more4h 57minPlay
May 30, 2025Pensando en ti 30-05-2025Isi Rodríguez cóntanos como celebrou o seu aniversario e iso dalle pé aos oíntes para falar deste tipo de conmemoracións. Cales foron os mellores e os peores agasallos que recibiron? Renuncian a celebrar o aniversario? Algunha vez botaron a casa pola ventá cando fixeron anos? Amárgalles facerse maiores?...more4h 57minPlay
May 29, 2025Pensando en ti 29-05-2025Esta noite acompáñanos a cantante de Santa Cruz de Ribadulla Marietta. Con ela e cos oíntes falamos de depresión, da procura do éxito e de que como o amor pode chegar en calquera momento....more4h 57minPlay
May 28, 2025Pensando en ti 28-05-2025Abrimos o apetito con lembranzas relacionadas cos fogóns. Os oíntes cóntannos cales son as súas habilidades culinarias, que recordos da infancia lles evoca un prato concreto ou o desastre no que se convetiu algunha experiencia cociñando....more4h 57minPlay
May 27, 2025Pensando en ti 27-05-2025Todos temos algo sen o que non podemos pasar sen sentirnos incómodos: pequenos vicios, teimas, hábitos absurdos... Diso falamos cos oíntes. Tamén lles preguntamos como dormen. Espidos? Tapados ata as cellas? Encollidos? Atravesados na cama?...more4h 57minPlay
May 26, 2025Pensando en ti 26-05-2025Os siareiros do Celta aínda están celebrando o éxito de que o seu equipo se clasificara para competiciòns europeas. Unímonos á festa e convidamos aos celtistas a que compartan connosco a súa felicidade. Ademais recollemos experiencias de peregrinos que fixeron o camiño de Santiago e expectativas dos que se propoñen facelo....more4h 57minPlay
FAQs about Todos os podcast | Pensando en ti:How many episodes does Todos os podcast | Pensando en ti have?The podcast currently has 557 episodes available.