Os oíntes fálannos dos xogos da súa infancia, xogos tradicionais, algúns xa esquecidos e tamén dos que continúan practicando agora de adultos. A audiencia coméntanos esas decisións complicadas que tiveron que tomar nalgún momento da súa vida, esa elección que puido ser determinante no seu camiño vital e mesmo esa opción determinante que alguén adoptou por eles.