Nas cinco horas de programa hai tempo para falar de moitas cousas: dos fracasos e decepcións da vida e de como se superan; do uso que facemos das redes sociais, de se as empregamos con medo ou non podemos prescindir delas. E tamén escoitamos cantigas, regueifas e outras mostras da nosa rica tradición oral.