Os oíntes cóntanos se cren na sorte, na boa ou mala sorte, se a buscan con rituais ou se pensan que hai que traballar e ser realistas. Tiveron algún golpe de sorte na vida? Coñecen xente a que persegue a mala sorte? Os oíntes coméntannos as manías que teñen relacionadas coa sorte, se levan algún amuleto para sentirse máis seguros e confiados ou se teñen algún obxecto na casa da que nunca se van desprender.