Os oíntes coméntannos as súas experiencias no amor, os diferentes amores que puideron desfrutar ou sufrir. Fálannos de amores imposibles polas circunstancias, de amores non correspondidos, de amores conquistados co tempo, de amizades convertidas en amores, do amor a primeira vista, de amores de diferente cor… A audiencia opina tamén sobre o desperdicio dos alimentos, de como poñer freo ás toneladas de comida que vai o lixo cada día.