Os oíntes fálannos sobre a felicidade no chamado “yellow day” ou “día máis feliz do ano” porque comeza un período de mellor tempo, dos días relaxados das vacacións, tempo para compartir coa familia e os amigos… ¿Hai unha idade ideal para ser nai ou pai? A audiencia opina e coméntanos se os fillos cambian a vida, se están arrepentidos de tomar esa decisión moi novos e se as novas xeracións se están equivocando ó adiar ou renunciar a esa experiencia. Os oíntes vanse despedindo de Ricardo Saavedra tras o seu anuncio de que non estará a fronte do programa na próxima tempada. Explícannos as súas propias experiencias e opinan sobre esas situacións nas que as persoas cambian de rumbo cando o corazón llo pide.