Dedicamos o programa á morte. Os oíntes cóntannos como afrontan o feito de que van morrer. Escoitamos anécdotas relacionadas coa morte, ou cos velorios. Falamos das persoas que teñen un traballo relacionado coa morte e preguntámoslle á audiencia que desexa que se faga cos seus restos tralo falecemento.