Os oíntes coméntanos como e onde van pasar a noite de San Xoán, unha noite máxica que reúne a milleiros de persoas en areais de toda a costa galega, en especial na cidade da Coruña. Os oíntes explican cales son eses rituais que sempre cumpren esta noite e o día seguinte. Asan e comen sardiñas, saltan a fogueira, báñanse no mar, lavan a cara pola maña coas herbas de San Xoán…?