Os oíntes fálannos desas amizades que manteñen ó longo dos anos malia a distancia que as separa, eses lazos que non rompen, que continúan fortes malia que non haxa contacto habitual. Amigos atopados entre a audiencia do Pensando en Ti ou a través das redes sociais. Os oíntes coméntannos tamén esas experiencias nas que viron salvar a unha persoa en perigo ou que viviron en primeira persoa.