Os oíntes cóntannos que situacións, estudos, traballos ou relacións comezaron con mal pe e que foron quen de superar co tempo e con tenacidade. Relátannos eses encontros persoais que non lles deixaron pegada ó inicio e despois acabaron por se converter en grandes amizades ou vencellos sentimentais para toda a vida. As persoas comparten con nos se hai prendas de roupa ou obxectos que sempre lles lembran determinados momentos, que xa non poñen pero os teñen gardados porque van asociados con vivencias importantes.