Isi Rodríguez cóntanos como celebrou o seu aniversario e iso dalle pé aos oíntes para falar deste tipo de conmemoracións. Cales foron os mellores e os peores agasallos que recibiron? Renuncian a celebrar o aniversario? Algunha vez botaron a casa pola ventá cando fixeron anos? Amárgalles facerse maiores?