A Deputación provincial de Pontevedra instalará en marzo e abril os primeiros composteiros domiciliarios e as primeiras áreas de compostaxe comunitaria na provincia. Tamén está a desenvolver o curso de Mestres composteiros, que serán os técnicos titulados encargados de manexar estas áreas de compostaxe. Nos vindeiros anos, a idea é crear entre 6 e 10 plantas comarcais de compostaxe que atendan todas as necesidades de xestión do lixo orgánico provincial. Estas accións están enmarcadas dentro do "Plan Compost Revistaliza" co que a Deputación pretende acadar a recuperación do 70% da materia orgánica producida na provincia para a súa utilización como compost ou abono orgánico.