Sesión convocada con carácter extraordinario e urxente co obxectivo de axustarse aos prazos dados pola Deputación da Coruña para aprobar a participación municipal no POS+ Adicional 01/2025.
No pleno saíu adiante por unanimidade a distribución de algo máis de 58.000 euros, dirixidos ao reforzo do cadro de persoal do SAF e de Servizos Sociais e tamén a programas de prevención da soidade e o deterioramento cognitivo das nosas persoas maiores.