San Sadurniño

San Sadurniño

By Concello de San SadurniñoNewsPolitics
Download on the App Store

San Sadurniño episodes

  • Pleno ordinario do 24 de setembro de 2026
    Sesión na que se aprobou o inicio do expediente de modificación puntual das normas subsidiarias do núcleo da Bañoca, ademais da desafectación da antiga caseta de inseminación do Chao, en Ferreira. Na sesión tamén se lle deu o visto e prace á modificación do prezo do servizo de comedor da Escola Infantil Municipal.
    27 min
  • Pleno ordinario do 30 de xullo de 2026
    Sesión que levaba como dous únicos puntos relevantes a aprobación dos festivos locais de 2027 -Martes de Entroido e Santa Isabel- e dun proxecto financiado pola Deputación da Coruña para mellorar a iluminación pública en varios puntos de Santa Mariña, Naraío e Ferreira que quedaran fóra da grande intervención prevista polo Concello con apoio do IDAE.
    17 min
  • Pleno ordinario do 26 de marzo de 2026
    Sesión na que se aprobou unha modificación orzamentaria para acomodar a contía definitiva que achegará o Instituto da Transición Xusta para a mellora ambiental da Cortiña e do contorno da Casa do Concello. Tamén se tratou a adhesión de San Sadurniño ao convenio Xunta-Ecoembes para a recollida e tratamento de envases lixeiros e cartóns e, por último (en canto aos temas principais) tamén saíu adiante unha moción do PP enmendada polo BNG demandando medidas ante a problemática do lobo no rural.
    32 min
  • Pleno ordinario do 29 de xaneiro de 2026
    Primeira sesión de carácter ordinario de 2026, na que se aprobaron os proxectos e a distribución do POS+ da Deputación da Coruña, así como adicarlle o nome de Rosalía de Castro á rúa que discorre paralela ao CPI.
    1 hr 24 min
  • Pleno extraordinario do 12 de xaneiro de 2026
    Sesión na que se abordou, como único punto, a aprobación do reparto dos fondos do POS+ ADI01/2026, coñecido como POS Social. Case 67.000 euros cos que se financiará persoal técnico, o reforzo do SAF e o programa de envellecemento activo "Xuntanzas na eira".
    4 min
  • Pleno ordinario do 27 de novembro de 2025
    Derradeira sesión ordinaria do ano 2025, na que se trataron dúas declaracións institucionais como principais temas. A primeira referiuse á demanda dun tren do século XXI para a comarca e a segunda estivo centrada nas reivindicacións con motivo do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres e nenas. Como curiosidade, todos os temas suxeitos a votación saíron aprobados por unanimidade.
    47 min
  • Pleno extraordinario do 21 de outubro de 2025
    Sesión convocada para someter a votación a participación do Concello no cuarto plan adicional do Plan Único da Deputación da Coruña, dotado con cerca de 184.000 euros. Uns fondos que San Sadurniño dedicará a gasto corrente, tal e como votaron por unanimidade os tres grupos municipais.
    7 min
  • Pleno ordinario do 25 de setembro de 2025
    Sesión plenaria na que se abordaron os seguintes asuntos principais: a solicitude á Deputación dunha axuda para a rehabilitación da nave de Obras e Servizos, a aprobación da conta xeral de 2024 e dúas mocións presentadas polo BNG e o PSOE centradas nos incendios forestais e no cambio climático.
    1 hr 6 min
  • Pleno ordinario do 31 de xullo de 2025
    Sesión que tivo como temas centrais o debate e votación dos orzamentos municipais -que superan os 3,9 millóns de euros- e unha declaración institucional demandando o cesamento do xenocidio en Palestina.
    52 min

About San Sadurniño

From the publisher's feed

Podcast cos audios máis destacados do Concello de San Sadurniño.