Actualidade local e comarcal deste xoves 20 de xuño.
Esta noite, concretamente ás 11 da noite, comeza o verán astronómico pero parece que a efectos meteorolóxicos todavía se retrasará algúns días.
Hoxe ainda seguimos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións con ceos nubrados e temperaturas sen moitos cambios entre os 22 graos de máxima e 13 de mínima.
De cumprirse as previsións, a partir de mañá recuperarase a influencia anticiclónica, que segundo Meteogalicia, irase perdendo de novo na segunda metade da vindeira semana.